FP Ourense Caixanova

Ciclo Medio en Elaboración de Aceites de Oliva e Viños

Dous cursos: 2000 horas en total; preto do 20% das horas do ciclo adícanse a prácticas en empresas

Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 61€                                                          100% INSERCIÓN LABORAL NA PROVINCIA DE OURENSE

Neste ciclo, os alumnos aprenden a elaborar e envasar aceites de oliva, viños e outras bebidas de acordo cos plans de produción e calidade, efectuando o mantemento de primeiro nivel dos equipos.

Módulos 1º Curso

  • Materias primas e produtos na industria oleícola, vinícola e doutras bebidas
  • Extracción de aceites de oliva
  • Elaboración de Viños
  • Operacións e Control de Almacén na Industria Alimentaria
  • Seguridade e Hixiene na Manipulación de Alimentos
  • Formación e Orientación laboral Inglés Técnico

Módulos 2ºCurso

  • Elaboración doutras Bebidas e Derivados
  • Análise Sensorial
  • Venda e Comercialización de Produtos Alimentarios
  • Principios de Mantemento Electromecánico
  • Acondicionamento de Aceite de Oliva
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora

Formación en Centros de Traballo (410 horas)

Realízanse prácticas unha vez rematados os módulos restantes. O seu obxectivo é complementar a formación obtida mediante a incorporación a traballos produtivos reais co fin de facilitar a futura incorporación laboral.

eaov1.jpg  eaov2.jpg  eaov3.jpg

Saída laboral

Os alumnos que rematan o ciclo obteñen o título de Técnico en Aceites de Oliva e Viños, que lles capacita para os seguintes postos de traballo:

Adegueiro - Mestre de almazara - Auxiliar en almazaras e adegas - Comercial de almazaras e Adegas

Condicións de Acceso

  • Ter o título de ESO
  • Ter superada a proba de acceso a Graos Medios

Matrícula

  • 1º prazo no mes de xullo
  • 2º prazo nos meses de setembro e outubro
 
You are here: Inicio Grao Medio EAOV - Aceites e Viños