FP Ourense Caixanova

Ciclo Medio en Sistemas Microinformáticos e Redes

Dous cursos: 2000 horas en total; preto do 20% das horas do ciclo se adican a prácticas en empresas

Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 61€

O obxectivo deste ciclo é capacitar aos alumnos para instalar, configurar e manter sistemas informáticos, illados ou en rede, así como redes locais en pequenos contornos.

Módulos 1º Curso

  • Aplicacións Ofimáticas
  • Redes Locais
  • Montaxe e Mantemento de Equipamentos
  • Sistemas Operativos Monoposto
  • Formacióne Orientación Laboral
  • Inglés Técnico

Módulos 2º Curso

  • Servizos en Rede
  • Sistemas Operativos en Rede
  • Seguridade Informática
  • Aplicacións Web
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora

Formación en Centros de Traballo (410 horas)

Realízanse prácticas unha vez rematados os módulos restantes. O seu obxectivo é complementar a formación obtida mediante a incorporación a traballos produtivos reais co fin de facilitar a futura incorporación laboral.

esi05.jpg  esi06.jpg  esi07.jpg

Saída laboral

Os alumnos que rematan o ciclo obteñen o título de Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes, que lles capacita para os seguintes postos de traballo:

  • Instalador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.

Condicións de Acceso

  • Ter o título de ESO
  • Ter superada a proba de acceso a Graos Medios

Matrícula

  • 1º prazo no mes de xullo
  • 2º prazo nos meses de setembro e outubro
 
You are here: Inicio Grao Medio SMR - Informática