Elixe o teu futuro...
Ter unha profesión: o primeiro paso para ter un emprego.
Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)
Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 40€
Instalacións Electrotécnicas e de Telecomunicacións
Familia Profesional: Electricidade e electrónica
Curso de 1060 horas (un curso escolar) destinado a mozos e mozas que non remataron a ESO. O obxectivo fundamental destes programas é posibilitar que o alumno continúe os seus estudo e facilitar a inserción laboral. Leer máis...
Ciclos de Grao Medio
Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 61€
EAOV - Elaboración de Aceites de Oliva e Viños
Familia Profesional: Industrias alimentarias
Curso de 2000 horas (dous cursos escolares). Leer máis...
SMR - Sistemas Microinformáticos e Redes
Familia Profesional: Informática
Curso de 2000 horas (dous cursos escolares). Capacita para acceder a un posto como técnico cualificado no mantemento de redes e sistemas informáticos. Preto de 20% das horas do ciclo se corresponden con prácticas en empresas. Leer máis...
IME - Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas
Familia Profesional: Mantemento e servizo á producción
Curso de 2000 horas (dous cursos escolares). Capacita para acceder a un posto como técnico cualificado na instalación e mantemento de cadeas de montaxe. Preto do 20% das horas de ciclo se corresponden con prácticas en empresas. Leer máis...
Ciclos de Grao Superior
Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 94€
XCEM - Xestión Comercial e Marketing
Familia Profesional: Comercio e Marketing
Curso de 1400 horas: un curso escolar + 3 meses de prácticas en empresas. Proporciona aos alumnos a titulación de Técnico Superior, preparado para o traballo nunha amplia gama de tarefas relacionadas co comercio e a comunicación comercial. Leer máis...
ASI - Administración de Sistemas Informáticos en Rede
Familia Profesional: Informática
Curso de 2000 horas (dous cursos escolares). Proporciona aos alumnos a titulación de Técnico Superior, capacitado para o dseseño, a implementación e o mantemento de redes e sistemas informáticos. Preto de 20% das horas do ciclo se corresponden con prácticas en empresas. Leer máis...
Condicións de acceso
Para acceder aos ciclos de Grao Medio compre ter rematada a ESO ou estudos declarados equivalentes; tamén existe a posibilidade de acceder mediante proba de acceso (consultar condicións en www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm ).
Para acceder aos cilos de Grao Superior compre ter rematados os estudos de Bacherelato, COU, FPII ou estudos declarados equivalentes; existe a posibilidade de acceder mediante proba (consultar condicións en www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm ).


Oferta formativa