FP Ourense Caixanova

Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)

INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS

Curso único de 1060 horas; 160 horas se dedican a prácticas en empresas

Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 40€

Diríxense  ao  alumnado maior  de  dezaseis  anos  que  non  obtivese  o  título  de  graduado  en  ESO e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos.  Os programas de cualificación profesional inicial teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos. No Centro de Formación profesional Caixanova ofértanse os módulos obrigatorios de PCPI (1º curso):

  •  Módulos específicos, que desenvolven as competencias do perfil profesional.
  •  Módulos de carácter xeral, que posibiliten o desenvolvemento das competencias básicas.

    images/stories/ime2.jpg

Módulos do Programa:

  • Competencia Comunicativa e Dixital
  • Científico – Matemático
  • Sociedade e Cidadanía
  • Iniciativa Persoal e Relacións Laborais
  • Instalacións Eléctricas e Domóticas 
  • Instalacións de Telecomunicacións 
  • Formación en Centros de Traballo 

Titulación

O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un Certificado de Profesionalidade de Nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Opcións de Futuro

O  Centro de Formación profesional Caixanova, marcase coma obxectivo  motivar e orientar aos alumnos de PCPI para:
  •   Matricularse nos módulos voluntarios de PCPI, que lles van permitir o Título de Graduado en ESO.
  •   Presentarse á proba de acceso a Ciclos de Grao Medio, por ser estes ciclos unha mellor garantía para a inserción laboral dos alumnos.

Matrícula

  • Preinscrición no mes de xullo 
  • Matrícula na primeira quincena de setembro

 

 
You are here: Inicio Oferta formativa PCPI PCPI de Instalacións electrotécnicas e de Telecomunicacións