Programa de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)
INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS
Curso único de 1060 horas; 160 horas se dedican a prácticas en empresas
Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 40€
Diríxense ao alumnado maior de dezaseis anos que non obtivese o título de graduado en ESO e, excepcionalmente ao alumnado maior de quince anos. Os programas de cualificación profesional inicial teñen como finalidade favorecer a inserción social, educativa e laboral das mozas e mozos. No Centro de Formación profesional Caixanova ofértanse os módulos obrigatorios de PCPI (1º curso):
- Módulos específicos, que desenvolven as competencias do perfil profesional.
- Módulos de carácter xeral, que posibiliten o desenvolvemento das competencias básicas.

Módulos do Programa:
- Competencia Comunicativa e Dixital
- Científico – Matemático
- Sociedade e Cidadanía
- Iniciativa Persoal e Relacións Laborais
- Instalacións Eléctricas e Domóticas
- Instalacións de Telecomunicacións
- Formación en Centros de Traballo
Titulación
O alumnado que supere os módulos específicos e os formativos de carácter xeral obterá un Certificado de Profesionalidade de Nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
Opcións de Futuro
O Centro de Formación profesional Caixanova, marcase coma obxectivo motivar e orientar aos alumnos de PCPI para:
- Matricularse nos módulos voluntarios de PCPI, que lles van permitir o Título de Graduado en ESO.
- Presentarse á proba de acceso a Ciclos de Grao Medio, por ser estes ciclos unha mellor garantía para a inserción laboral dos alumnos.
Matrícula
- Preinscrición no mes de xullo
- Matrícula na primeira quincena de setembro

