FP Ourense Caixanova

Ciclo Medio en Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas

Dous cursos: 2000 horas en total; preto do 20% das horas do ciclo se adican a prácticas en empresas

Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 61€

O obxectivo deste ciclo é capacitar aos alumnos para realizar o mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial / manter os equipos e sistemas de produción / realizar a montaxe e instalación en planta de maquinaria e equipo industrial, realizando o servizo técnico posvenda.

Módulos 1º Curso

  • Automatismos Eléctricos Pneumáticos e Hidráulicos
  • Electrotecnia
  • Técnicas de Mecanizado para o Mantemento e Montaxe
  • Seguridade na Montaxe e Mantemento de Equipos e Instalacións
  • Administración, Xestión e Comercialización na Pequena Empresa
  • Relacións no Equipo de traballo
  • Inglés Técnico

Módulos 2º Curso

  • Montaxe e Mantemento Mecánico
  • Montaxe e Mantemento Eléctrico
  • Condución e Mantemento de Liñas Automatizadas
  • Calidade na Montaxe e Proceso
  • Formación e Orientación Laboral

Formación en Centros de Traballo (380 horas)

Realízanse prácticas unha vez rematados os módulos restantes. O seu obxectivo é complementar a formación obtida mediante a incorporación a traballos produtivos reais co fin de facilitar a futura incorporación laboral.

ime07.jpg  ime08.jpg  ime09.jpg

Saída laboral

Os alumnos que rematan o ciclo obteñen o título de Técnico Auxiliar en Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Instalación de Liñas, que lles capacita para os seguintes postos de traballo:

Mecánico de mantemento - Montador Industrial - Electricista de mantemento
Condutor/mantedor de liña automatizada - Electromecánico de mantemento

Condicións de Acceso

  • Ter o título de ESO
  • Ter superado as probas de acceso a graos medios.

Matrícula

  • 1º prazo no mes de xullo
  • 2º prazo nos meses de setembro e outubro
 
You are here: Inicio Grao Medio IME - Mantemento