BENVIDO AO PORTAL WEB DO CENTRO DE FORMACION PROFESIONAL CAIXANOVA - OURENSE
O Centro de Formación Profesional de Ourense Caixanova, créase co pensamento de ser un referente académico e profesional en Galicia, como Centro Integrado de Formación Profesional, que incorpore as innovacións empresariais e tecnolóxicas aos plans de formación e estudo, prestando un servizo educativo de calidade e potenciando unha formación integral que capacite aos alumnos para adaptarse a unha sociedade en constante cambio.
En setembro de 2006 comezou a sua andadura polo panorama educativo e cultural da cidade de Ourense e dentro da oferta, que o ensino privado ten na cidade, este Centro de Formación Profesional sostido económicamente pola Obra Social Caixanova, e levado na súa dirección pedagógica e educativa polos Salesianos de Don Bosco.
O Centro se ubica nas antigas instalacións de Caixanova, no lugar denominado Finca Sevilla, que na cidade coñécese como o “edificio intelixente”, grazas aos adiantos e sistemas de control que para a época da súa construción, anos oitenta, presentaba.
Remodelado e adaptado en tempo record para o seu novo destino, afróntase esta nova singladura co obxectivo prioritario de ser un referente académico e profesional en Galicia, como Centro de Formación Profesional, que incorpore as innovacións empresariais e tecnolóxicas aos plans de formación e estudo, prestando un servizo educativo de calidade e potenciando unha formación integral, que capacite aos alumnos para adaptarse a unha sociedade industrial con demanda de bos profesionais en constante renovación.
A todos aqueles estudantes que se han de achegar ao noso Centro querémoslles ofrecer, ademais dunhas instalacións dignas e competitivas, un ambiente de familia que lles impulse e catapulte á cidadanía universal e á esperanza sen límites, de facer un mundo mellor e máis xusto desde a escola.
Para iso contamos co traballo e a dedicación dos que formamos a Comunidade Educativa: Claustro de Profesores, persoal de mantemento e servizos, en estreita colaboración cos pais dos nosos alumnos, que sempre buscan a formación máis profesional para os seus fillos.
Esperamos que este portal sexa unha axuda eficiente para o coñecemento, a comunicación de experiencias e desenvolvemento das iniciativas pedagógicas, entre os membros que compoñen a comunidade educativa do Centro e de todos aqueles que queiran asomarse ás súas páxinas.
Matías Piñuela Sotelo
Director

