FP Ourense Caixanova

Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede

Dous cursos: 2000 horas en total; preto do 20% das horas do ciclo se adican a prácticas en empresas

Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 94€

O obxectivo deste ciclo é capacitar aos alumnos para configurar, administrar e manter sistemas informáticos, garantindo a funcionalidade, a integridade dos recursos e servizos do sistema, coa calidade esixida e cumprindo a regulamentación vixente.

Módulos 1º Curso:

asi02.jpg

  • Implantación de Sistemas Operativos
  • Planificación e Administración de Redes
  • Fundamentos de Hardware
  • Linguaxes de Marcas e Sistemas de Xestión de Información
  • Xestión de bases de datos
  • Formación e Orientación Laboral
  • Inglés Técnico 

Módulos 2º Curso

  • Administración de Sistemas Operativos
  • Servizos de Rede e Internet
  • Implantación de Aplicacións Web
  • Administración de Sistemas Xestores de Bases de Datos
  • Seguridade e Alta Dispoñibilidade
  • Empresa e Iniciativa Emprendedora

Formación en Centros de Traballo + Proxecto (aproximadamente 400 horas)

Realízanse prácticas unha vez rematados os módulos restantes. O seu obxectivo é complementar a formación obtida mediante a incorporación a traballos produtivos reais co fin de facilitar a futura incorporación laboral.

Saída laboral

Os alumnos que rematan o ciclo obteñen o título de Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede, que lles capacita para os seguintes postos de traballo:

  • Técnico en administración de sistemas
  • Responsable de informática
  • Técnico en servizos de Internet
  • Técnico en servizos de mensaxería electrónica
  • Persoal de apoio e soporte técnico
  • Técnico en teleasistencia
  • Técnico en administración de base de datos
  • Técnico de redes
  • Supervisor de sistemas
  • Técnico en servizos de comunicacións
  • Técnico en contornos web

Continuidade con outros estudos:

  • Ciclos de Formación Profesional de Grao Superior
  • Ensinanzas Universitarias
Existe a posibilidade de establecer convalidacións de acordo coa normativa vixente

Condicións de acceso

  • Ter o título de Bacharelato
  • Ter superada a proba de acceso a grao superior

Matrícula

  • 1º prazo no mes de xullo
  • 2º prazo nos meses de setembro e outubro
 
You are here: Inicio Grao Superior ASI - Informática