Ciclo Superior en Xestión Comercial e Marketing
Curso único de 1.400 horas; máis do 30% das horas do ciclo se adican a prácticas en empresas
Matriculación: Gratuita; Cota Mensual: 94€
O obxectivo deste ciclo é capacitar aos alumnos para obter, procesar e organizar a información na investigación comercial / Elaborar a información para o establecemento das políticas de marketing e controlar a acción publicitaria / Xestionar o proceso de loxística comercial / Planificar e dirixir as actuacións de merchandising no establecemento comercial / Xestionar as operacións de compravenda de produtos e servizos.

Módulos do ciclo:
- Investigación Comercial
- Políticas de Marketing
- Xestión da Compravenda
- Loxística Comercial
- Marketing no Punto de Venda
- Lingua Estranxeira: Inglés
- Aplicacións Informáticas de Propósito Xeral
- Formación e Orientación Laboral
- Proxecto Integrado
Formación en Centros de Traballo (440 horas)
Realízanse prácticas unha vez rematados os módulos restantes. O seu obxectivo é complementar a formación obtida mediante a incorporación a traballos produtivos reais co fin de facilitar a futura incorporación laboral
Saía Laboral
Os alumnos que rematan o ciclo obteñen o título de Técnico Superior en Xestión Comercial e Marketing, que lles capacita para os seguintes postos de traballo:
- Axudante do xefe de producto
- Técnico de compra
- Técnico de novas instalacións
- Merchandiser
- Encargado de Almacén
- Axudante do xefe de loxística
- Coordinador xefe de grupo de representantes
- Xefe de Vendas
- Técnico de Marketing
- Técnico de traballos de campo de investigación comercial
Continuidade con outros estudos:
- Ciclos de Formación Profesional de Grao Superior
- Ensinanzas Universitarias
Condicións de acceso
- Ter o título de Bacharelato
- Ter superada a proba de acceso a grao superior
Matrícula
- 1º prazo no mes de xullo
- 2º prazo nos meses de setembro e outubro

